jueves, 26 de agosto de 2010

ARTE POSTAL. CAMIÑO


Está tendo lugar xa dende fai algún tempo a exposición de Arte Postal . Camiño, no CEGAC, organizada polo artista compostelán Manoel Bonabal e coordinada tamén por Cristina Trigo, donde se poden ver unhas cerca de 200 obras, entre postales, debuxos, cartas, gravados, etc., procedentes de distintos artistas de distintos paises.
Xa que a arte postal, arte enviada por correo, ten a liberdade de expresarse en distintos soportes, coa liberdade, coa rapidez expresiva, con experimentación e indagación, comunicando emisor e receptor, e logo o público, e aínda que se poña un título, a libertada interpretativa e total. Así o demostra esta exposición, ben montada, moi participativa e moi diversa en soportes e materiais, por elo enhoraboa os organizadores.
Eu participo con esta obra de diversas rutas ou camiños imaxinados.
Un saúdo.

1 comentario:

  1. gustoume a exposición, Nolo. Ten moito que ver, pois se ben as obras individualmente ocupan pouco espazo, a densidade xeral da mostra e a súa diversidade fan que un se deteña a observar cada detalle, co que case se bota tanto tempo con ela como visitando o resto do CGAC. Sería bo achegalo tamén á xente, quizais
    propoñéndollo a Correos, inda que non sei se na nova sé(que é a de toda a vida, por outra parte), terán sitio para ela. O dito, un exemplo de que os medios non son atranco para a creatividade.

    ResponderEliminar