Dende que en Cataluña se suprimiron as corridas de touros, a polémica volveu a saltar. Opinións para todolos gustos, de que si é arte e cultura, de que de eso nada e solo é tortura. En realidade sempe se escoitou que era unha festa taurina, aínda que de festa ten pouco, xa que hai dende logo tortura e morte dun animal, e as veces tamén dos cabalos e toureiros.
A cultura, e coñecemento, reflexión, invención, transmisión de valores humanos, e os toros pouco teñen de esto. O mesmo que outras festas donde se maltratan animais.
Ademais aquí, na Galiza, os touros e vacas, sempre foron moi respetados por ser animais para o traballo e as granxas. As corridas de touros son cousas de uns cantos "señoritos", e o que non pode ser e que algúns concellos se dén subvencións importantes as peñas taurinas, como si fosen asociacións culturais(que non son), e logo en cambio a outras asociacións cultuais e artísticas, non llas dean nada nin conten con elas.
Un saúdo e bon verán.

Sempre agrada que alguén, dende o eido da cultura, e máis en concreto da pintura, rompa unha lanza, ou unha banderilla, en favor do touro, pois lévase utilizado moito o feito de que tantos artistas retratasen o toureo nas súas obras como se servira de xustificante para perpetuar este rito de sangue. Somos moitos tamén os que, dende este eido das artes plásticas, reivindicamos a dignidade do animal, mais tamén a humana, non podendo considerar que ditos espectáculos dignifiquen en modo algún a nosa condición de seres pensantes e con conciencia dos nosos actos e do sufrimento que causamos con eles. Os que ignoran isto e se anestesian a si mesmos con argumentos superficiais, demostran formar parte dunha subespecie do noso xénero carente de empatía, no sentido máis amplo do termo.
ResponderEliminarEu que amo a arte, poñéndome na disxuntiva de ter que considerar isto coma cultura ou abrazar o latexo do que respira, fago coma Alberte Giacometti e, entre a arte e a vida, escollo a vida. Un saúdo.