miércoles, 8 de diciembre de 2010

O DÍA DA EXPOSICIÓN DE MARIBEL DOS ANJOS


Ten as veces o montaxe dunha exposición as súas complicacións. Un pouco de esto foi o que nos pasou cos preámbulos da exposición de Maribel na A. Alexandre Bóveda da Coruña, a min, a Nando e a propia Maribel, pois xa na viaxe tuvemos mal tempo, con neve e todo. Logo para chegar o sitio cos cadros, varias dificultades por obras nas rúas. E logo o sistema de montaxe algo complicado para cadros e as composicións, que Maribel quería ademais, con seu bo gusto, dunha determinada maneira.
Pero o final, co tempo xusto, abriuse a exposición sin problemas, os cadros da expo "Campos lineais", encheron de cor e vida o espazo da sala, armonía de composicións, tensións e expresións, campos en expansión para trazar novas rutas imaxinarias, liñas como camiños a adentrarse nos misterios da vida.
Tamén o encontro cos colegas, amigos-as, charla, pinchos, bebida, proxectos, ideas, acompañaron os campos lineais, os campos de cor, de ideas e ilusións.
Un saúdo.

3 comentarios:

  1. Moitas grazas Nolo!!!!
    que faría eu sen vós!!!!

    ResponderEliminar
  2. ¿Pinchos?¿Que pinchos? Eran patacas fritidas de coller cao man(e que axiña se acabaron).
    É broma. Noraboa pola expo, grazas á A. Alexandre Bóveda e moita sorte con vindeiros proxectos que teñades os dous.
    O que farías sen nós, Maribel, é aburrirte na viaxe e xurar contra os meteoros. Xa nos devolverás o favor convidando a mirindas. Bicos.

    ResponderEliminar
  3. Minto...tamén había olivas, agora que me lembro.

    ResponderEliminar