jueves, 16 de diciembre de 2010

EXPOSICIÓNS DENTRO DO FORO


Dentro do Foro Mundial pola Paz 2010, que está tendo lugar estes días en Compostela, tamén aparte das conferencias, mesas redondas, encontros, etc. , na defensa da paz e condena das guerras, tamén se fixeron algunhas exposicións como as que están no Museo do Pobo Galego, de fotografías, sobre o tema da guerra en Serra Leona, con fotos impresionantes de Gervasio sobre as mutilacións das máns de moitos habitantes, e logo outra exposición de fotografías nocturnas, sobre distintos habitantes do Sahara, que contan as súas vivencias nos territorios ocupados por Marruecos.
Tamén na Biblioteca Anxel Casal, hai exposición de banda deseñada sobre a guerra española do autor Carlos Gimenez, e unha exposición sobre literatura xuvenil e infantil sobre a paz.
Mostras interesantes e que nos fan reflexionar sobre a necesidade da paz e a defensa dos dereitos humanos. A pena , como en outras ocasións, e que non se contara cos artistas da cidade, que tamén os hai, para traballar sobre este tema da paz e contra da guerra.
Un saúdo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario