viernes, 31 de diciembre de 2010

XA ESTAMOS NO FIN DO ANO 2010


Pois xa estamos no fin de ano do 2010, e sempre e bó facer un pequeno balance, por unha parte un ano interesante xa que fixeronse diversas homenaxes a persoas siñificativas da nosa cultura, así o ano das Letras Galegas adicado a Uxío Novoneyra, homenaxe a Rosalía de Castro, a Carballo Calero, a Luis Seoane, quizás os mais destacables.
Pero por outra banda tuvemos un Xacobeo, mais centrado na relixión co da visita o Papa, e tamén na cultura, mais adicada a grandes figuras e eventos, faltando pois que se contara mais cos artistas de aquí da nosa Galiza, e sobre todo cos artistas de Compostela, cos cales non contaron en ningún momento, o cal foi unha oportunidade perdida de dar a coñecer os nosos traballos, o mesmo que non se fixeron intercambios con artistas de outros paises, que sí estiveron aquí.
Tamén problemas, como o retroceso no uso do galego, o paro que se incrementou, e as crises que sigen a afectar principalmente os que teñen mais dificultades.
Espero que no próximo ano se solucionen na medida do posible estes problemas, se conte mais cos artistas de Galiza e da Compostela, e que melloremos na solidaridade e humanidade, entendemento e comunicación, reflexionando sobre os novos retos, para mellorar a atual sociedade.
Un saúdo.

jueves, 30 de diciembre de 2010

DOCUMENTAL DE HOMENAXE A MAN


Ven de estrenarse na casa de Cultura de Camelle, o pobo donde se instalou fai anos M. Man, un documental-homenaxe precisamente sobre M. Man, con motivo xa dos 8 anos do seu falecemento debido os efectos nocivos da marea negra do Prestige.Documental sobre él e sobre a súa obra. Man foi un artista e anacoreta, que vivía co mínimo, mais creaba o seu mundo, cheo de formas escultóricas, pictóricas, artesáns, fotográfica, sempre rodeado da propia natureza e recollendo dela os seus elementos que logo transformaba en obras de arte.
Así pode incluirse como artista do land art, da arte povera, da abstración simbólica, entre outras. Pero Man, era moito mais, o levar a vida e a arte de forma conxunta, nunha total fusión. Por elo era tan pouco entendido, sobre todo nun pobo pequeno mariñeiro como Camelle, aínda que pouco a pouco foise facendo un oco entre os veciños.
Mais tamén tivo as súas dificultades, por exemplo cando construiron cerca da súas obras, cando fixeron o dique de abrigo, e xa por último cando foi a marea negra do Prestige, que o levou a morte.
Benvido sexa logo este documental, titulado " Man, home sen paz", de Simón Vazquez e David Formoso, coa colaboración de Juan Creus, Antón Castro, Antón Sobral, e Carmen Hermo, e que sirva , para poñer en marcha xa o museo homenaxe a M. Man, para recoller e protexer a súa obra e o seu legado.
Un saúdo.

sábado, 25 de diciembre de 2010

NESTES DÍAS DE MÚSICAS


Pois nestes días de case final de ano, a música ten unha presencia importante no meu medio, pois por unha parte xa está a rematar a miña exposición de pintura na Galería Borrón 4 de Cambados, titulada precisamente "Sons das augas".
Por outra banda, teño noticias de que a amiga e cantante Uxía Senlle, comenza por terras do Brasil , a súa Travesía da Saudade, con recitais por varias cidades e que tamén dará lugar a gravación do seu disco mais intimista e persoal, "Meu Canto".
E tamén o amigo e músico de Jazz, Abe Rábade, anda de xira para presentar o seu xa cuarto disco, Zigurat, donde entrea trío, e donde tamén a integración e conexión entre os músicos é a súa música é mais intensa.
Así pois a música, como outras artes, como manifestación do espiritu humano e da creatividade das persoas, contribuíndo a mellorar a propia condición humana, na súa sensibilidade, imaxinación e compromiso, para axudar tamén a que melloren as cousas no ano novo que pronto comeza.
Un saúdo.

domingo, 19 de diciembre de 2010

HOMENAXES EN SAN AMARO


Agora que xa se está acabando o ano, é bó volver a revisar para non esquencer a aquelas persoas siñificativas da nosa cultura as cales se lle rendiu dalgunha maneira homenaxes.
E neste ano houbo varias, así dende Rosalía de Castro, Uxío Novoneyra, Carballo Calero, e tamén Luis Seoane. Precisamente na homenaxe a Luis Seoane, feita pola Academia da Lingua Galega, no cementerio de San Amaro da Coruña, donde se afirmou que foi un dos intelectuales mais importante dos ultimos tempos, tamén se aproveitou para recordar os ilustres escritores e galeguistas que están en dito cementerio, que xa debe considerarse como patrimonio da cultura galega.
Pois ahí están den Curros Enriquez, Pondal, Manuel Murgía, Anxel Casal, González Garcés, e Luis Seoane, entre outros.
Así pois homenaxe e recordo daqueles que traballaron pola cultura e o desenrolo do noso Pais, e foron mestres coas súas ensinanzas, escritos e traballos, dándonos exemplos para seguir camiños ou rutas de navigacións, que permitan seguir avanzando culturalmente e humanizando a nosa sociedade.
Un saúdo.

sábado, 18 de diciembre de 2010

ENCONTRAR TRABALLO PARA O NOVO ANO


Pois este pode ser un bó desexo, que eu lle adico a todolos amigos-as, coñecidos-as, e demais persoas, que están no paro e que andan buscando traballo.
Esta crise, está deixando a moita xente no paro, e este é o principal problema para a maioria das persoas. Unha crise que tamén afecta o mundo cultural, con moitos recortes para iniciativas culturais, o mundo da edición, proxextos expositivos, medios de comunicación que desaparecen, como a Nosa Terra en edición de papel, Vieiros en edición dixital, e outros mais.
Menos axudas para a creación, o cal tamén levou a moita xente do medio cultural o paro, de ahí que sexa unha boa peticion e un desexo para un novo ano que se achega, e para toda a xente que o neceste, o de encontrar traballo para o novo ano.
Un saúdo.

jueves, 16 de diciembre de 2010

XA ESTAMOS NO TEMPO DO NADAL


Xa estamos no tempo do Nadal do 2010, quedan uns 15 días para acabar un ano marcado sobre todo pola crese económica e polo paro principalmente. As medidas ademais certamente impopulares que adoptou o goberno, tampouco se ven efectivas, o seguir crecendo o paro.

Por outro lado, e tempo este de consumismo, de incitar a xente a que consuma e compre e gaste. Mais por outra parte, tamén é tempo de encontros, entre familiares, amigos e coñecidos, e esto realmente é o que importa, e falar de novas cousas e proxectos, e ir pensando nun novo ano mellor sempre que o anterior.

E tamén sempre e bó felicitar a xente coñecida, amigos e familiares, con unha postal feita aínda de forma artesanal e persoal.

Esta e a miña, esperando que vos guste.

Un saúdo , boas festas e bon ano novo.

EXPOSICIÓNS DENTRO DO FORO


Dentro do Foro Mundial pola Paz 2010, que está tendo lugar estes días en Compostela, tamén aparte das conferencias, mesas redondas, encontros, etc. , na defensa da paz e condena das guerras, tamén se fixeron algunhas exposicións como as que están no Museo do Pobo Galego, de fotografías, sobre o tema da guerra en Serra Leona, con fotos impresionantes de Gervasio sobre as mutilacións das máns de moitos habitantes, e logo outra exposición de fotografías nocturnas, sobre distintos habitantes do Sahara, que contan as súas vivencias nos territorios ocupados por Marruecos.
Tamén na Biblioteca Anxel Casal, hai exposición de banda deseñada sobre a guerra española do autor Carlos Gimenez, e unha exposición sobre literatura xuvenil e infantil sobre a paz.
Mostras interesantes e que nos fan reflexionar sobre a necesidade da paz e a defensa dos dereitos humanos. A pena , como en outras ocasións, e que non se contara cos artistas da cidade, que tamén os hai, para traballar sobre este tema da paz e contra da guerra.
Un saúdo.

domingo, 12 de diciembre de 2010

EN HOMENAXE A MARCOS VALCÁRCEL


Faleceu fai uns días o escritor, historiador, articulista e dinamizador cultual, sobre todo na súa cidade de Ourense, Marcos Valcárcel. Tamén profesor, investigador, mais sobre todo activista cultural, e por toda esta actividade recibiu varios premios. Mais ultimamente, debido a enfermedade dexenerativa que padecía, estaba retirado da actividade pública, mantendo eso sí o seu blog, "As uvas da solaina", de gran interés e donde reflexionaba de distintas cuestións de actualidade.
Persoa tranquila, amable, con unha sonrisa sempre a pesar da enfermidade, tolerante e aberto os distintos aspectos da cultura. Especialista na xeración Nós, foi un digno sucesor deles, na paixón pola defensa da cultura da súa cidade, Ourense, e da cultura galega en xeral.
Nun dos seus ultimos artigos, decía collendo palabras de María Bethâna :"Navigar é preciso, viver nâo é preciso. Navigar, descubrir a vida en cada minuto, deixar as fiestras abertas e reconciliarse coa Terra". Pois que teñas boa viaxe Marcos polo mais alá.
Un saúdo.

sábado, 11 de diciembre de 2010

FORO MUNDIAL POLA PAZ


Ten lugar estes días en Compostela un importante acontecemento, a presencia do Foro Mundial pola Paz, con xuntanzas, discusións, mesas redondas, debates, todos encamiñados a conseguir unha sociedade mellor, mais preparada, e mais consciente da defensa da paz, dos dereitos humáns, e de unha educación para a paz. Así dende intervencións do seu responsable en Galiza e Compostela como Manuel Dios, ata Mayor Zaragoza, e tamén Xosé Manuel Beiras, veuse constantando, que a pesar dos avances da humanidade, siguen existindo numeroso conflictos armados, que mentras morren uns 35.000 nenos de fame cada día, a industria armamentistica sigue medrando e se gastan en todo o mundo uns 3.000 millóns de dólares en armamentos.
Polo tanto estas xuntanzas sirven para denunciar os conflictos armados, os intereses das grandes potencias e outros estados(como o español) por seguir incrementando beneficios das industrias armamentísticas, e por outro lado a miseria, pobreza e fame que teñen paises subdesenrolados, que moitas veces están tamén en guerra.
Un mundo de desigualdades, inxusticias, e abandono, que cumpre corrixir, e polo tanto apoiar todas as iniciativas que denuncien estas situacións e traballen pola paz dende distintos ámbitos.
Un saúdo.

miércoles, 8 de diciembre de 2010

O DÍA DA EXPOSICIÓN DE MARIBEL DOS ANJOS


Ten as veces o montaxe dunha exposición as súas complicacións. Un pouco de esto foi o que nos pasou cos preámbulos da exposición de Maribel na A. Alexandre Bóveda da Coruña, a min, a Nando e a propia Maribel, pois xa na viaxe tuvemos mal tempo, con neve e todo. Logo para chegar o sitio cos cadros, varias dificultades por obras nas rúas. E logo o sistema de montaxe algo complicado para cadros e as composicións, que Maribel quería ademais, con seu bo gusto, dunha determinada maneira.
Pero o final, co tempo xusto, abriuse a exposición sin problemas, os cadros da expo "Campos lineais", encheron de cor e vida o espazo da sala, armonía de composicións, tensións e expresións, campos en expansión para trazar novas rutas imaxinarias, liñas como camiños a adentrarse nos misterios da vida.
Tamén o encontro cos colegas, amigos-as, charla, pinchos, bebida, proxectos, ideas, acompañaron os campos lineais, os campos de cor, de ideas e ilusións.
Un saúdo.

viernes, 3 de diciembre de 2010

EXPOSICIÓN COLECTIVA EN NADAL


Con este frío inverno que se adiantou, o xuntarse compañeiros-as o calor dunha exposición de arte, e sempre gratificante, e entre a calor dos focos, as cores dos cadros, a inauguración ,fan que o frío desaparezca por momentos. Un pouco desto ocurriu o martes día 30 de Novembro, na exposición colectiva da Sala dos Empresarios do Tambre, organizada polo tamén pintor e compañeiro Manuel Nieto, que tamén participaba na mostra, xunto a pintores como Quintana Martelo, Xulio Maside, Xan Pardiñas, Morquecho, Vicente Prego, X. Martiño, Rafa Masiá, Iglesias Diz, Deli Sánchez, e eu mesmo.
Unha boa oportunidade para encontrarse, logo de tempo sin vernos algúns de nós, para charlar, falar de distintos temas, da exposición, de proxectos, e da vida en xeral. Encontro pois de amigos e compañeiros da arte, que xuntos vamos avanzando, facendo cousas creativas, nestes tempos difíciles de crese económica, mais de seguir a traballar con ilusións.
Un saúdo.

miércoles, 1 de diciembre de 2010

HOMENAXE A FERNÁNDEZ DEL RIEGO


Foi Francisco Fernández del Riego, Don Paco, unha das persoas que mais e mais tempo traballou pola cultura galega, polo galeguismo, e por facer discípulos que continuases a labor da defensa e traballo a prol da cultura galega. Así pois dende moi novo, formando parte das Mocedades Galeguistas, logo xunto a Castelao e Bóveda redactando o primeiro Estatuto de Galicia, nos tempos difíciles da dictadura franquista, con penurias e carcel, tamén traballando para seguir co espíritu galeguista, e cos contactos coa xente galeguista que tuvo que emigrar por culpa do franquismo.
Logo nos anos 50 funda con outros intelectuales a editorial Galaxia, que vai poñer en valor os traballos de tanta xente que traballou por Galiza, tamén a revista Grial.
Foi presidente da Real Academia Galega, e dende ela, ademais de renovala, impulsou a celebración do Día das Letras Galegas, e logo a Fundación Penzol, e tamén a constitución da súa biblioteca e Fundación.
Un traballo continuo, de escrita, e publicacións, e edicións, todo para entregar o noso pobo galego, para manter a conciencia viva do galeguismo, sin estidencias, sin venganzas, abrindo novos camiños o futuro, mais criticando os que se queren aproveitar e con artimañas, confunden e obstaculizan o desenrolo da nosa cultura.
Un exemplo pois para as xeracións seguintes, de ahí o meu homenaxe.
Un saúdo.