jueves, 21 de octubre de 2010

DOS PERIGOSOS LODOS ROXOS


Pasou en Hungría, pero podía haber pasado na nosa Galiza. Os lodos roxos, procedentes da industria do aluminio, desbordaron as súas balsas de contención e tintiron de roxo, dos óxidos férricos os pobos e terras, contaminando todo o que invadian. Non se trataba logo dunha acción artística, sinón dunha acción destructiva das empresas que solo miran o negocio, sin importarlle as consecuencias.
Na nosa Galiza, temos tamén a Alúmina-aluminio, coas súas balsas de lodos roxos, esperemos que os responsables agora tomen medidas para que unha catástrofe como esta non ocurra no Noso Pais. Eu mentras tanto, como pintor, seguirei utilizando os óxidos férricos na pintura, ben para denuncias, como contra as guerras, as contaminacións, os incendios, e tamén para temas de emocións e intensidades.
Un saúdo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario