sábado, 23 de octubre de 2010

30 MIL FIRMAS EN DEFENSA DO IDIOMA GALEGO


Pois foron 30 mil firmas que recolleu "QUEREMOS GALEGO", para a defensa da lingua galega, nun momento en que dende o goberno do PP apoian mais o castelán e o inglés, que a nosa propia lingua, e logo presumen de galeguistas.
Por iso, os verdadeiros galeguistas, e os que queremos o galego, defendemos que se ensine, aprenda e fale, que non se sigan a perder falantes como está ocurrindo ata agora, sumándonos e firmamos, esta iniciativa, a ver si no Parlamento e damais instancias, fan realmente algo interesante para defender a nosa lingua, que é o mesmo que defender a nosa cultura e a nosa arte.
Un saúdo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario