sábado, 26 de noviembre de 2011
EN RECORDO DE MANUEL VALEIRAS
Atopei fai uns días o amigo e compañeiro de cuestións artísticas dos anos 80, Luis, que tamén formou parte no inicio de ANAKOS, e comentoume que o tamén amigo e compañeiro, que tamén estuvera o inicio en ANAKOS, o escultor Manuel Valeiras, facía un tempo que había falecido.
Por eso quixen facerlle un pequeno homenaxe, polos momentos, xuntanzas, exposicións, e charlas que compartimos. Manuel Valeiras, estudara en Mestre Mateo escultura, e log estuvo varios anos co escultor de Bonaval, Fernando García. Destacaba o seu traballo coa pedra, donde lle daba formas conxugando certa figuración, con elementos mais xeométricos, mais próximos a abstracción, mais sempre con referentes, a temas diversos.
Amigo Manuel, os que che coñecimos, teremos recordos por tempo teus daqueles anos 80, de intensidade artística, sobre todo pola zona vella Compostelán.
DESPROPORCIONADA ACCIÓN POLICIAL
Tuvon lugar fai días en Compostela unha desprorpocionada acción policial para dexaloxar os "okupas da sala Yago", co que fixeron tamén eles unha okupación da rúa do Vilar, e logo ademais detuveron e cargaron contra manifestantes.
Si ben é certo, que o metodo da okupación de locales abandonados non é a mais axeitada, como neste caso, para reivindicalos como locales para a cultura, as cousas teñen que levarse polo camiño do diálogo, da flexibilidade, da comunicación, de achegamento de posicións, antes de utilizar a forza e a violencia, por ambas partes.
Mais si é certo que o cine Yago, está abandonado, a punto de derrumbarse, e cumpre que o Concello axilize os tramites necesarios, para restauralo e poñelo a funcionar como local cultural de diversas actividades, e non facer o que fan, levar toda a actividade cultural para a Cidade da Cultura.

sábado, 19 de noviembre de 2011
HOMENAXE A LUIS SILVOSO
Tuvo lugar fai uns días, alá en Cambados, na súa galería Borrón 4, a homenaxe o galerista Luis Silvoso, falecido recentemente, e donde se xuntaron diveros amigos, artistas, familiares, para facaerlle unha ben merecida homenaxe, que foron organizando ultimamente os seus familiares.
E é que Luis ben a merecía, pois era unha persona amable, preocupado e interesado polos artistas que levaba, que lle facía exposicións na súa galería, conversador e amigable. Sentín non poder ir a citada homenaxe, mais logo, pensando nos momentos e exposicións que tuven con él, foime saíndo un pequeno traballo, como a miña homenaxe particular dende a propia pintura.

lunes, 14 de noviembre de 2011
NOVE ANOS DO "DESPRESTIGE"
Xa pasaron nove anos do accidente do Prestige, que pola mala xestión dos políticos que gobernaban naqueles momentos, convertironna nun desastre ecolóxico, nunha marea negra sin precedentes que emporcou de chapapote a costa galega.
Mais foi grazas o moitos voluntarios, tanto de Galiza, como doutras partes e pobos que se solidarizaron con nós, como lle fixo frente a tanto desastre, e limparonse gran parte das zonas afaectadas. Logo o mar e o tempo, fixeron o resto. Mais as pérdidas foron cuantiosas en todos sentidos.
O orgullo do noso pobo viuse unha vez mais nas situacións complicadas, demostrando valentía, solidaridade e protesta ante o sucedido. Tamén os artistas e xente da cultura , estivemos implicados no movimento NUNCA MAIS, para denunciar estas mareas negras, que traen a morte as nosas costas.
sábado, 12 de noviembre de 2011
PROCESO CREATIVO
Ocurren as veces cousas imprevistas durante o proceso creativo, como certos accidentes, achádegos, imprevistos, manchas, incorporacións de novos elementos, que sin querer vanse incorporando o dito proceso creativo.
E son precisamente estas novas incorporacións durante o proceso creativo, os que lle van aportando eso que debe de conlevar toda creación artística, a liberdade, a intuición, a creatividade e a flexibilidade, que nos dá aperturas a novas visións das cousas.
Nolo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)