domingo, 20 de junio de 2010

BREVE HOMENAXE A JOSÉ SARAMAGO


Acaba de falecer o gran escritor José Saramago, escritor comprometido coas causas xustas, que através das súas obras describía problemáticas da vida, da sociedade e do sistema no que vivimos. Sempre con imaxinación, reflexión e sentimento. Así o demostrou en novelas como Memorial do Convento, Ensaio sobre a cegueira, Ensaio sobre a lucidez, A caverna, Caim, entre outras. Mais ademais, un home sinxelo, que aínda sendo Premio Nobel, non lle interesaban os méritos nin a fama, solo traballar por unha sociedade mais humana e mellor.
Sirva este pequeno homenaxe para non esquencer dende a cultura e as artes plásticas o seu labor, humano, político, cultural e social.
Nolo Suárez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario