Parece que hoxe é un día especial, o 11 do 12 do 13, deses que acontecen non sei cando de anos, e que tamén vai tardar non sei cantos anos mais en repetirse, por eso quero que neste día tan especial, e ademais en datas próximas a final de ano, que todolos amig@s, compañeir@s, familiares, coñecid@s, teñan un bon día, e unhas boas datas, que mellores as cousas, que se vaian solucionando problemas e dificultades, que poidamos celebrar boas novas.
A min este día, colleume unhas horas no taller, facendo unha obra, a cal como non, lle incorporei esa data tan especial, para recordo e como tamén para que as cousas da arte e da cultura vaian a mellor, que os artistas e traballadores da cultura deste noso Pais, poidan amosar a súas obras, ten os apoios necesarios, e poder vivir do seu traballo.
Aquí está a obra que recorda esta data.