sábado, 22 de septiembre de 2012

HOMENAXE A BERNARDINO GRAÑA

Medrou o mar na Coruña, na homenaxe a Bernardino Graña, o noso gran poeta do mar, e medrou coa pintura, a fotografía, a música, os contaconos e a poesía.
Alí estivemos amigos, artistas, xente comprometida coa cultura galega, para homenaxealo, para falar con él, para escoitar as súas historias, para coñecer algo mais do poeta, e para entablar diálogos coa súa poesía.
Pintamos o ar libre, nun lugar emblemático, no chamado Campo das Ratas, na Coruña,  o lado do mar, mais tamén un lugar de recordo, donde foron fusilados republicanos, artistas, escritores, por defender as liberdades.
E neste tempo, homenaxear a Bernardino, poeta comprometido, tamén é comprometerse, coa cultura galega, co noso Pais, e en contra dos recortes e falta de apoios a nosa cultura.
O berro de "Que medre o mar", trazamos novas singraduras e navegacións de esperanza para unha melloría das artes e cultura galega en xeral.