sábado, 22 de septiembre de 2012

HOMENAXE A BERNARDINO GRAÑA

Medrou o mar na Coruña, na homenaxe a Bernardino Graña, o noso gran poeta do mar, e medrou coa pintura, a fotografía, a música, os contaconos e a poesía.
Alí estivemos amigos, artistas, xente comprometida coa cultura galega, para homenaxealo, para falar con él, para escoitar as súas historias, para coñecer algo mais do poeta, e para entablar diálogos coa súa poesía.
Pintamos o ar libre, nun lugar emblemático, no chamado Campo das Ratas, na Coruña,  o lado do mar, mais tamén un lugar de recordo, donde foron fusilados republicanos, artistas, escritores, por defender as liberdades.
E neste tempo, homenaxear a Bernardino, poeta comprometido, tamén é comprometerse, coa cultura galega, co noso Pais, e en contra dos recortes e falta de apoios a nosa cultura.
O berro de "Que medre o mar", trazamos novas singraduras e navegacións de esperanza para unha melloría das artes e cultura galega en xeral.

lunes, 9 de julio de 2012

MIRADAS MARIÑAS

Naveguei por mares diversos, con diversos coloridos e formatos, preparando os temas mariños para a miña exposición na Coruña, na Galería Arte-Imagen, miradas dende o exterior, como dende as ventás o mar, e miradas dende o propio mar.
Alí foron quedando as obras entre azues, brancos, azules-verdosos, cores azul ultramar, entre as figuras de barcos, caracolas, peixes, ventás o mar, os procesos simbólicos coas ondas, liñas do horizonte , un mar de vida, contrastes e tamén que nos sirva para reflexionar.
Reflexión para unha defensa do noso mar, das  contamiñacións, mareas negras, transportes de mercadorías perigosas, e diversos contaminantes. Así pois un mar de colorido e vida, de búsquedas de novos espazos para novas navegacións de creatividade e ilusións.

jueves, 17 de mayo de 2012

O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe 17 de Maio do 2012, día de festa para as nosas letras galegas, que ademais cumprénsse 50 anos da conmemoración, pese a atrancos dos conservadores, de gobernos que defenden soio en aparencia o noso idioma, xa que logo despois na práctica non poñen os medios necesarios.
E este ano, é adicado a Valentín Paz Andrade, persoa polivalente na cultura e no emprendimento, xa que fixo poesía, escrita, periodismo, política, empresas, implicandose sempre de maneira teórica pero mais ben práctica, poñendo en marcha numerosas iniciativas, todas elas a defensa dos intereses e valores de Galiza, así como da extensión dos noso coñecementos e riquezas por distintos paises do mundo.


miércoles, 9 de mayo de 2012

NOVOS COMPROMISOS EN ARTE E CULTURA

Estamos asistindo cada vez mais a unha voráxine mercantilista da atual sociedade e dos atuales gobernantes, que todo o dictan os mercados e as axudas o capital financiero. Mentras siguen recortes en arte e cultura. Arte e cultura que están en moitos casos tamén o servizo da especulación, das grandes feiras e eventos.
As noticias mais destacadas neste apartado nos medios informativos, son as puxas e ventas millonarias de cadros como o "grito" de E. Munch, ou o cadro de Rothko, mais apenas hai información sobre traballos de asociacións ou artistas pouco coñecidos, mais con propostas interesantes.
Frente a este mercantilismo e banalización, hai que darlle unha volta a arte e cultura, para que sexan a expresión das reflexións, pensamentos, sentimentos e accións, solidarias e para o ben común.


miércoles, 25 de abril de 2012

ARTE E CULTURA DO ESPETÁCULO

Son cada vez mais as voces que se opoñen a unha arte e cultura que se basa fundamentalmente na banalidade, na superficialedade, no consumismo sin mais, no espetáculo o servicio principalmente dos mercados e non dos cidadáns.
Ante este tipo de arte e cultura, hai que ofrecer unha arte e cultura que combine ética i estética, con rigor e compromiso, crítica constructiva, que sea activa e participativa para a cidadanía, que se achegue a estes cidadáns, non para un consumismo sin mais, senon para comunicar e abrir novos canles de coñecementos.
Solo así conseguiremos que a arte e a cultura sirvan tamén xunto con outras moitas actividades e accións a mellora da atual sociedade, dominada mais ben polo individualismo, o consumismo e o liberalismo mercantilista.
Nolo Suárez.

sábado, 25 de febrero de 2012

EN MEMORIA DE LEOPOLDO NÓVOA


Emprendeu unha nova viaxe o gran artista galego Leopoldo Nóvoa, os seus xa 92 anos, e agora sin volta. Deixounos por outros espazos, como os que el era capaz de crear coas súas obras. Tuven oportunidade de coñecelo e saudalo en algunha ocasión, e sempre me impresionou a súa obra, ben traballada, con rigor, co seu estilo da abstración máterica e poética o mesmo tempo, e que superaba as dúas dimensións tradicionais da pintura, para abarcar novas dimensións espaciais, na procura de novas expresións.
Espresións coa forza das texturas, das cinzas, das areas, cordas, arames, ..., que facían da súa obra algo persoal e cheo de expresividade. Agora que xa non estás entre nós, eu segirei aprendendo observando as túas obras que nos deixaches maestro.

sábado, 11 de febrero de 2012

HOMENAXE A ISAAC DÍAZ PARDO


Fixeronlle fai uns días unha homenaxe institucional a Isaac Díaz pardo, xa ben merecida. Quizás tamén faga falla unha homenaxe da sociedade civil e e tantos e tantos os que nos deixou algunha ensinanza. Non sei si será posible, mais aquí as miñas intencións.
E tamén , como sinala algúns dos seus fillos, resaltar o valor de toda a súa obra conxunta, das sús diferentes facetas, artística, cultural, socio-política, industrial, editorial, ... , e tamén das súas ideas comprometidas coas causas republicanas, de esquerda e galeguistas. Algo que os atuales gobernantes conservadores fan o posible por ocultar, sinalando soio a súa faceta artística ou industrial.

miércoles, 8 de febrero de 2012

COCIDOS E ANTROIDOS


Xa estamos no tempo dos cocidos e do comenzo do antroido, donde a festa, a crítica, o humor e a transgresión se dán con frecuencia. E así temos que andaban os xenerais do Ulla a cabalo pola praza do Obradoiro, que tamén en Compostela roubaron dous porcos artísticos que estaban expostos nunha mostra pola parte nova da cidade pertencentes o Lalín Pork Art, e que tamén foron censuradas algunhas esculturas da mostra en Lalín, EmporcArte, que o parecer resultaban ofensivas para o clero e os políticos conservadores.
Pois que viva o cocido e o entroido, con festa ,crítica, humor e transgresión, sobre todo que fai falla nestes tempos de tristeza polos problemas do paro, recortes, peches, da política neoliberal ultraconservadora que están a levar os actuales gobernantes.

lunes, 30 de enero de 2012

AS RAZÓNS DE JOSÉ LUÍS SAMPEDRO


Ten razón José Luís Sampedro, que recentemente foi nomeado "Escritor galego universal" 2012, o afirmar que na atual sociedade neoliberal do capital, donde mandan principalmente ademais os mercados do capital financiero e especulativo sobre as políticas, foron sustituindo valores humanos importantes como as xustizas sociais, solidariedade, cooperacións humanas, respeto a natureza, cuestións culturais, entre outras, polo obxetivo principal de gañar cartos, de especular cos bens colectivos, polos unicamente intereses económicos.
E todo esto bendecido polos gobernos conservadores da dereita en complicidade co conservadurismo da igrexa, que predican unha cousa, e logo fan outras ben distintas.
De ahí tamén, que o movimento dos indignados, contra esta crisis, paro, recortes, corrupción e especulacións teña sentido.

miércoles, 25 de enero de 2012

RETROSPECTIVA DE XURXO MARTIÑO


Este fin de semana pasado, tuvo a ben o Concello de Vimianzo, na sala de exposicións Antón Mouzo, pintor de Vimianzo xa falecido, facerlle unha exposición retrospectiva o tamén pintor de Vimianzo, Xurxo Martiño.
Xurxo Martiño, amigo e compañeiro das artes dende os anos 80, recorreu varios camiños na pintura, mais sempre arredor dos temas, faros, edificios, fábricas, construccións humáns observadas dende o interior e o exterior, como querendo deter un tempo e tamén facer unha reflexión sobre a ocupación da paisaxe, sempre con unha creatividade persoal.
Con moitas exposicións feitas, con premios, é un dos pintores atuales galegos ben recoñecido, estando a súa obra en numerosa coleccións e galerías.
Alí estuvemos con él, numerosos amigos e coñecidos, para darlle os parabéns pola obra exposta, e tamén o Concello de Vimianzo pola iniciativa, que era ben merecida.

viernes, 6 de enero de 2012

FALECEU O GRAN ISAAC DÍAZ PARDO


Supón unha grande pérdida a morte de Isaac Díaz Pardo, unha persoa fundamental para a nosa historia, a nosa arte, a nosa cultura, as nosas idustrias culturais. Un home do Renacemento, que fixo diversas actividades, todas ben, pintura, gravado, carteis, escritos, publicacións, edición do Castro, Museo Carlos Maside, Cerámicas do Castro, Sargadelos, Instituto Galego, ...
Un mestre para mín, unha persoa a ter en conta para seguir algúns dos seus camiños trazados, unha boa persoa e xenerosa, sempre disposta a axudar, a colaborar en proxectos a prol da arte e a cultura galega, e por unha Galiza desesnrolada e modernizada.
Esperemos seguir as súas ensinanzas, ter en conta os seus traballos, valoralo cada vez mais, e dende logo non deixar que algúns que sempre lle deron as costas, e que agora teñen poder, se aproveiten del para reivindicalo, facerlle homenaxes non sentidos, e apropiarse das súas aportacións a cultura de Galiza.
Nós, os bós e xenerosos, que te apreciamos e valoramos profundamente, seguiremos a defender os teus traballos , reflexións, aportacións e ensinanzas.