domingo, 26 de septiembre de 2010

"ROTEIRO NO GALO"


Ten lugar estes días en Compostela, o Roteiro de Creación 2010, unha iniciativa interesante e novidosa, do L.C.A., en donde se combinan exposicións, visitas os talleres dos artistas, intervencións, arte na rúa, entre outras actividades.
En definitiva o que se trata e de dar a coñecer os traballos dos distintos artistas que traballan en Compostela, dun xeito directo, novidoso e atractivo, para que se achegue o público, compartindo e preguntando sobre as obras , os artistas e as iniciativas.
Na A. C. O Galo, presentouse a iniciativa " ROTEIRO NO GALO" , de 6 artistas, 2 escultores, Nando Pereiro e Alfonso Ramón, e 4 pintores : Estrela Rúa, Emma Rodriguez, Maribel dos Anjos e Nolo Suárez, facendo un percorrido polos seus traballos mais recentes.
Aquí está a foto dos artistas o día da apertura da exposición. Un saúdo.

domingo, 19 de septiembre de 2010

ARTE E BIODIVERSIDADE


Este ano 2010, foi considerado pola ONU, como ano Internacional da Biodiversidade, e así o entenderon os concellos de Gois e de Oroso, o facer as súas respectivas convocatorias artísticas.
Participamos no OrosoArtes 2010 con ese lema, numerosos artistas, sensibles coa defensa do medio ambiente, e que puxemos a nosa arte neste certamen, o interés da biodiversidade e da riqueza natural, para defender os ecosistemas dos depredadores e especuladores de todo tipo.
Ahi participaron amigos-as, como Estrela Rúa, Maribel dos Anjos, Nando Pereiro, Alfonso Ramón, e eu mesmo , entre outros-as. A miña obra titulabase precisamente : Diversidade Natural.
Un saúdo.

miércoles, 8 de septiembre de 2010

REQUIEM 4 POLOS MONTES QUEIMADOS


Esta xa é a ultima fase do cadro, e espero que tamén sexa o final das queimas dos nosos montes e da destrución da nosa natureza.
Un saúdo.

REQUIEM 3 POLOS MONTES QUEIMADOS


Sigo a completar o cadro con novas aportacións.

REQUIEM 2 POLOS MONTES QUEIMADOS


Continuación do traballo sobre os montes queimados.

REQUIEM POLOS MONTES QUEIMADOS


Como agora, coa chegada deste tempo outonal, parece que se apagan os incendios dos nosos montes, solo queda o Requiem pola paisaxe destruída. E desto vai este traballo meu, no que estiven traballando durante tempo, pois é unha obra de gran formato. E tamén as sucesivas fases pola que foi pasando.
Un saúdo.