jueves, 15 de julio de 2010

HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO


Cumprense 125 anos do pasamento de Rosalía de Castro, a nosa gran poetisa, das paisaxes, das inxustizas, reivindicativa, defensora dos dereitos da muller en tempos difíciles. E tamén agora temos tempos difíciles, co Panteón de Galegos Ilustres pechado en moitas ocasións, apenas anunciado, ou sin dar a coñecer , o mesmo que os traballos dos autores alí enterrados.
Por iso todolos actos que se van a facer para reivindicar a figura de Rosalía son importantes. Así tamén a miña pequena contribución con este traballo artístico.
Un saúdo.

martes, 6 de julio de 2010

ARTE E CELEBRACIÓNS NATURAIS


Agora que xa comenza o verán, hai diversas celebracións festivas populares, onde elementos naturais son protagonistas. Valgan 2 exemplos, as sardiñadas do S. Xoán, e a Rapa das bestas.
Agora ben, hai que defender, e tamén dende as artes plásticas temos cousas que aportar, que non se destruian estes elementos naturais, que non se use dinamita para pescar, e que non se queimen os montes, xa que amenazan a vida dos animais, e tamén dos cabalos .
Un saúdo.