domingo, 30 de mayo de 2010

ESTAMOS EN MAIO


E o mes de Maio, o mes onde a natureza expande a súa potencialidade, medran as plantas e as arbores, saen as frores, melloran os días, e polo tanto pode haber un certo optimismo, a pesar das noticias de crisis, baixa de salarios, recortes de prestacións, carestía da vida.
Mais ahí está o Maio frorido, para darnos ánimos a seguer loitando contra as dificultades e polos nosos dereitos, que non debemos deixar que no los quiten.
Un saúdo.

sábado, 29 de mayo de 2010

QUEREMOS GALEGO


Queremos o galego, porque é a nosa lingua, o noso idioma, e polo tanto temos que estar orgullosos del, xa que forma parte imprescindible da nosa cultura. Todolos actos, reivindicacións, propostas, en defensa do galego son necesarios, xa que cada día que pasa perdense falantes. Polo tanto non podemos permitir, ataques ou retrocesos o noso idioma.Todo o que aportemos, tamén dende as artes plásticas, será para que siga tendo vida activa e futuro.
Un saúdo.

jueves, 27 de mayo de 2010

ARTE E LIBERDADE


A arte sempre estuvo camiñando xunto a liberdade, tanto dende o punto de vista técnico ,co emprego de diversas técnicas que o artista escolle, ata as diversas temáticas, ata o proceso creativo, onde van sucedendose cousas non prevista, e que logo vanse incorporando a mesma obra.
E dende o punto de vista do compromiso, pois numerosos artistas tamén a través da súa arte, defenderon e defenden a xusticia social, a defensa do medio ambiente, contra as guerras, contra a fame, a defensa da cultura e das linguas dos pobos, nunha aposta pola democracia participativa e activa, a solidaridade e unha sociedade mais xusta e humana.
Un saúdo de Nolo.

miércoles, 26 de mayo de 2010

A UXÍO NOVONEYRA


Neste día das Letras Galegas 2010, adicaselle a o gran poeta do Courel Uxío Novoneyra, defensor da nosa lingua, das causas xustas, comprometido coa defensa dos pobos, da liberdade, decidor activo da súa poesía, do canto da terra, do amor, do compromiso e da liberdade.
Importancia plástica tamén teñen os seus CALIGRAMAS, as palabras precisas para describir o necesario, coa forza da grafía, coa impulsividade e expresividade que o achega a plástica expresionista, o automatismo e grafismo, a conexión de escrita e pintura gráfica, mais sempre para decir, para sentir, o compromiso coa terra, coa lingua galega, co pobo, coa cultura, e con todo un Pais, que quere ser orgulloso do seu.
Nolo Suárez

EN DEFENSA DA NATUREZ


A natureza que cada vez mais está sendo agredida por numeros elementos contamiñantes, escombros, augas residuais, basuras de todo tipo, necesita unha defensa, e dende logo dende as artes plásticas temos que contribuir a elo.
Vai ahí unha pequena mostra con estas obras, que dende logo seguirán outras tamén na mesma dirección.
Un saúdo.