martes, 21 de enero de 2014

DOS VIÑOS E DAS ARTES

O cultivo dos viños no noso Pais, remontase a tempos históricos, e foi sempre unha laboura ligada o traballo agricola, mais tamén con unha carga cultural importante, que se manten hoxe en día, nesa relación intensa entre tradición e modernidade, que están a alcanzar as nosas adegas e a produción dos nosos viños.
Paisaxes, edificacións, bodegas, ribeiras, viñedos, a recollida, maduración, e logo o resultado final dos viños, coas súas caracteristicas propias, sensacións, colores, olores, sabores, fan que a sensibilidade una viño e arte, a pintura sobre os viños, uns traballos sinxelos, agradables, mais feitos coa sensibilidade e intensidade que me produxo  o coñecer un pouco sobre a ampla temática que arrodea a producción dos viños.
E así presento o proxecto titulado : "CON VIÑO E ARTE", nun espazo enocultural, acaido para dita mostra, como esta para o VIDE,VIDE.





lunes, 13 de enero de 2014

A ENTRADA DUN NOVO ANO

Entrou o ano novo 2014, que espero chegue con meyores pesrspectivas co ano anterior, e donde a arte e a cultura teñan o apoio necesario pra que os artistas desenrolen os seus proxectos, e non queden en palabras ou durmindo nun caixón.
Que o traballo cultural, axude a unha sociedade mellor, mais xusta, solidaria, culta e domocrática.

miércoles, 11 de diciembre de 2013

UN DÍA ESPECIAL

Parece que hoxe é un día especial,  o 11 do 12 do 13, deses que acontecen non sei cando de anos, e que tamén vai tardar non sei cantos anos mais en repetirse, por eso quero que neste día tan especial, e ademais en datas próximas a final de ano, que todolos amig@s, compañeir@s, familiares, coñecid@s, teñan un bon día, e unhas boas datas, que mellores as cousas, que se vaian solucionando problemas e dificultades, que poidamos celebrar boas novas.
A min este día, colleume unhas horas no taller, facendo unha obra, a cal como non, lle incorporei esa data tan especial, para recordo e como tamén para que as cousas da arte e da cultura vaian a mellor, que os artistas e traballadores da cultura deste noso Pais, poidan amosar a súas obras, ten os apoios necesarios, e poder vivir do seu traballo.
Aquí está a obra que recorda esta data.




sábado, 22 de septiembre de 2012

HOMENAXE A BERNARDINO GRAÑA

Medrou o mar na Coruña, na homenaxe a Bernardino Graña, o noso gran poeta do mar, e medrou coa pintura, a fotografía, a música, os contaconos e a poesía.
Alí estivemos amigos, artistas, xente comprometida coa cultura galega, para homenaxealo, para falar con él, para escoitar as súas historias, para coñecer algo mais do poeta, e para entablar diálogos coa súa poesía.
Pintamos o ar libre, nun lugar emblemático, no chamado Campo das Ratas, na Coruña,  o lado do mar, mais tamén un lugar de recordo, donde foron fusilados republicanos, artistas, escritores, por defender as liberdades.
E neste tempo, homenaxear a Bernardino, poeta comprometido, tamén é comprometerse, coa cultura galega, co noso Pais, e en contra dos recortes e falta de apoios a nosa cultura.
O berro de "Que medre o mar", trazamos novas singraduras e navegacións de esperanza para unha melloría das artes e cultura galega en xeral.

lunes, 9 de julio de 2012

MIRADAS MARIÑAS

Naveguei por mares diversos, con diversos coloridos e formatos, preparando os temas mariños para a miña exposición na Coruña, na Galería Arte-Imagen, miradas dende o exterior, como dende as ventás o mar, e miradas dende o propio mar.
Alí foron quedando as obras entre azues, brancos, azules-verdosos, cores azul ultramar, entre as figuras de barcos, caracolas, peixes, ventás o mar, os procesos simbólicos coas ondas, liñas do horizonte , un mar de vida, contrastes e tamén que nos sirva para reflexionar.
Reflexión para unha defensa do noso mar, das  contamiñacións, mareas negras, transportes de mercadorías perigosas, e diversos contaminantes. Así pois un mar de colorido e vida, de búsquedas de novos espazos para novas navegacións de creatividade e ilusións.

jueves, 17 de mayo de 2012

O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe 17 de Maio do 2012, día de festa para as nosas letras galegas, que ademais cumprénsse 50 anos da conmemoración, pese a atrancos dos conservadores, de gobernos que defenden soio en aparencia o noso idioma, xa que logo despois na práctica non poñen os medios necesarios.
E este ano, é adicado a Valentín Paz Andrade, persoa polivalente na cultura e no emprendimento, xa que fixo poesía, escrita, periodismo, política, empresas, implicandose sempre de maneira teórica pero mais ben práctica, poñendo en marcha numerosas iniciativas, todas elas a defensa dos intereses e valores de Galiza, así como da extensión dos noso coñecementos e riquezas por distintos paises do mundo.


miércoles, 9 de mayo de 2012

NOVOS COMPROMISOS EN ARTE E CULTURA

Estamos asistindo cada vez mais a unha voráxine mercantilista da atual sociedade e dos atuales gobernantes, que todo o dictan os mercados e as axudas o capital financiero. Mentras siguen recortes en arte e cultura. Arte e cultura que están en moitos casos tamén o servizo da especulación, das grandes feiras e eventos.
As noticias mais destacadas neste apartado nos medios informativos, son as puxas e ventas millonarias de cadros como o "grito" de E. Munch, ou o cadro de Rothko, mais apenas hai información sobre traballos de asociacións ou artistas pouco coñecidos, mais con propostas interesantes.
Frente a este mercantilismo e banalización, hai que darlle unha volta a arte e cultura, para que sexan a expresión das reflexións, pensamentos, sentimentos e accións, solidarias e para o ben común.